Martes 16 agosto de 2016 • 21:00 h Música | 4€ ant. / 6€ bill. | Ao aire libre 🌿🌳

De Vacas

De Vacas

De Vacas son un cuarteto musical composto por unha guitarra e tres voces. Fan versións de grandes temas venerados polas masas e maltratados pola historia. Detrás de cada canción mala hai un corazón que queren reivindicar. Desde as Spice Girls ata o Gangnam Style, pasando por Enrique Iglesias ou Michel Teló… temazos que marcaron as súas tardes de domingo na discoteca e que rescatan para vós nun formato fresco e divertido, co que emocionarse e rir a partes iguais.

Co apoio da Rede Galega de Música ao Vivo.

comments powered by Disqus