Domingo 24 abril de 2016 • 12:00 h Sesión vermú

Sesión Vermú - Despedida do Enxebre Swing Festival

Sesión Vermú - Despedida do Enxebre Swing Festival

Unha Casa Rural no corazón das Rías Baixas, 3 parellas fantásticas de profesores, festas, banda en directo, DJs, boa comida, tasters de blues e collegiate shag, un grupo de lindy hoppers ávidos de baile e risas, e moitas sorpresas…. estes son os ingredientes do Enxebre Swing Festival!

O festival foi concebido e organizado pola Asociación Cultural Ghastas Pista Swing, unha asociación de lindy hoppers de Galicia, que en menos dun ano de vida conseguiu organizar xa dous festivais, e numerosos eventos. Dende a organización podemos garantir que, como é habitual, ides gozar dun evento creado e concebido con todo o agarimo do mundo.

O domingo, á hora do vermú, trasladarémonos ao Aturuxo Bar, a 10 minutos a pé de Casa Videira. O espazo que viu nacer o lindy hop en Galicia, acollerá unha sesión DJ de swing, para bailar, tomar algo, e incluso quen queira, poderá comer tapas ou bocadillos.

https://enxebreswingfestival.com

comments powered by Disqus