Xoves 10 setembro de 2015 • 20:00 h Música | De balde | Ao aire libre 🌿

Reggae a Semente (Brasil)

Reggae a Semente (Brasil)

A familia Reggae a Semente (RaS) xurdiu en Brasilia, en 2003, froito da unión de amigos que tiñan en común o desexo de construír algo bo para o mundo coa música e as ganas de se afondar na espiritualidade da vida.

A banda traballa con composicións orixinais, destácase por súa orixinalidade e sensibilidade, e mantense fiel ás fortes vibracións do reggae roots xamaicano. As outras influencias varían dende boa música popular brasileira a xéneros como ska, dancehall, R&B, blues e raggamuffin.

Hoxe a banda está formada por Pedro Lima na guitarra solista e voz, Yuri Mello na guitarra base e vocal, Bernardo Ferraz na batería, Igor Fazio no baixo e backing vocal e Rafael Mendes no teclado.

RaS ten consolidado o seu traballo en Brasilia por medio de shows e proxectos socioculturais desde súa formación.

En portugués e inglés, a mensaxe de Reggae a Semente busca romper fronteiras e ten conquistado seguidores de distintas latitudes. Por onde a banda pasa o público responde positivamente recoñecendo a seriedade e a alegría do traballo musical, feito que estimula o grupo a continuar a difundir seu traballo polo Brasil e polo mundo.

Outros destaques: a banda venceu o VII Festival da canción co tema ‘Dia-a-dia? en São Tomé das Letras; conquistou o 2º lugar no Festival de música popular do Gama (DF), en 2009, con ‘Montanha da Vida’ e, con ‘Sorría’, foi seleccionada para o I Festival de Música Nacional FM, sendo electa a mellor canción polo voto popular.

Reggae a Semente do Amor!

http://reggaeasemente.com

comments powered by Disqus