Domingo 6 setembro de 2015 • 20:00 h Música | De balde | Ao aire libre 🌿

Cromática Pistona (Swing, soul, jazz | Madrid [Sesión completa])

Cromática Pistona (Swing, soul, jazz | Madrid [Sesión completa])

Cromática Pistona é unha banda de Madrid concibida como orquestra popular de swing-jazz-rock con vocación festiva, cuxa proposta musical, baseada nun repertorio orixinal con letras en varios idiomas, compleméntase cunha elegante posta en escena en directo: a diversión e o baile están asegurados.

Tras varios anos de andaina, e sendo xa habituais no circuíto musical madrileño, o grupo publica a finais de 2012 ‘Porca Troika’, o seu primeiro LP, con máis de 1.500 copias vendidas. O disco compóñeno 12 cortes nos que, ademais de distintas vertentes do swing, desenvólvense estilos mestizos e extravagantes como o pasodobre balcánico, o funk tropical, o ska-jazz de praia ou o gypsy-surf, nunha rocambolesca proposta que nada ten que ver coa mestizaxe musical, e moito coa concepción de cada canción como unha xanela cara a outro tempo e outro lugar.

Ao longo de 2013 e 2014, o grupo percorreu boa parte da xeografía española e realizou unha mini xira en Italia para presentar o seu primeiro traballo. A banda participou ese ano en diversos festivais e certames, obtendo o primeiro premio no XIII Concurso de Pop Rock de Leioa (Biscaia), entre outros. En 2014 o grupo foi seleccionado para formar parte do circuíto Girando por Salas, iniciativa de INAEM, podendo actuar dentro da programación de GPS en distintos puntos de España, colgando habitualmente o cartel de ‘non hai entradas’ durante o tour.

En abril de 2015, Cromática Pistona lanza o seu segundo traballo, ‘Casta brava’. O grupo ofrece nesta ocasión outra sorprendente reinterpretación da música popular, sempre divertida e bailable, e sempre nas marxes do jazz: dixieland, manouche, boogie-boogie, electro-swing… Caste Brava ofrece media ducia de cancións orixinais, máis un bonus track, con textos en castelán, inglés, francés e italiano, e conta con colaboracións de Rubén Durán e Roberto Lorenzo (Alamedadosoulna), Kike Blanco (The Groovin’ Flamingos), Juanan Rivas (Boikot, The Locos), entre outros.

A Troika

  • Voz: Hurricane Pistone
  • Guitarra: Dani Swing Pistone
  • Batería: Félic Pistone
  • Baixo: Igor Pistone
  • Saxo tenor: Javi Pistone
  • Trompeta: Víctor Pistone

http://cromaticapistona.com/

https://www.facebook.com/pages/Crom%C3%A1tica-Pistona/278719093995

comments powered by Disqus