Mércores 19 agosto de 2015 • 21:00 h Música | De balde | Ao aire libre 🌿☀️

Los Jueves Cocido

Los Jueves Cocido

* Los Jueves Cocido* é unha banda de rock creada por Álex (guitarra e voces) e Cacho (voz e harmónica), formada agora tamén por Max Gómez (batería) e Juansy Santomé (baixo).

As orixes da banda datan de finais do ano 2008 e principios do 2009, pero non era máis que probas e gravacións para saber se tiña sentido o que estaban a crear. Pasado este tempo, quizais é hora de ir pondo en escena todo este traballo, moi aos poucos, tentando crear e ter un son.

O repertorio está composto integramente por temas propios. A banda está agora mesmo arrincando a preparación da gravación do que será o seu primeiro disco, entre 10 e 13 temas.

Máis información:

comments powered by Disqus