Domingo 26 abril de 2015 • 20:30 h Música | 4€

Gold&Colt (Blues/American Folk, Pontevedra/Bueu)

Gold&Colt (Blues/American Folk, Pontevedra/Bueu)

Presentación oficial do seu disco Gold&Colt

Gold&Colt son os nomes (alter-ego) de Dany Moure (1000 Demonios Blues Band, The Showbiñas Experience) e Roberto Fernández (Os Fervellasverzas, Tractor Troy).

Os dous músicos xúntanse no ano 2013 co único propósito de de interpretar cancións da nai de todas as músicas modernas, o Blues. Unha guitarra acústica e un dobro foron os seus únicos acompañantes no seu primeiro ano de vida, no que defendían un repertorio no que combinan temas propios con composicións dos máis grandes músicos deste estilo; Robert Johnson, RL Burnside, John Le Hooker, etc.

En xuño do 2014 únense á banda Michi como batería e Juyma Estévez (recoñecido músico de jazz) ao contrabaixo. O dúo convértese en banda e o seu estilo vira cara ao o folk americano.

Máis información na súa páxina en Facebook.

comments powered by Disqus