Domingo 12 abril de 2015 • 20:00 h Música | 6 €

Blueskank (roots reggae) Zamaramandi (reggae)

Blueskank (roots reggae) Zamaramandi (reggae)

Blueskank

Desde 2008 Blueskank forxouse unha identidade propia fusionando músicas de raíz negra. A evolución no tratamento do roots reggae, achegándoo ao jazz, o soul ou o afrobeat, queda debuxada nos traballos publicados até agora.

Tras anos xirando por España, Portugal, Inglaterra, Alemaña ou Francia, e actuando xunto a artistas da talla de Groundation, Clinton Fearon, Earl 16, Benjammin´, Roberto Sánchez ou Emeterians, en 2014 chegou ‘A Thin Line’. Este coidadísimo traballo, en forma e fondo, cuestiona as fronteiras musicais, sociais e creativas, sen perder a vontade de ser motor de cambio.

Zamaramandi

Zamaramandi xorde como un proxecto musical na cidade de Vigo en 2008. Na súa traxectoria comparten cartel con bandas como Fully Fullwood’s Band, integrada por auténticas lendas vivas do reggae, e ofrecen espectáculos en salas e festivais dentro e fóra de Galicia. O son desta primeira etapa queda rexistrado en 2010 coa gravación do single ‘Are We Free’, co produtor Roberto Sánchez.

Tras un período no que traballan como banda de acompañamento de representantes galegos do reggae e de artistas como Benjammin’, a finais de 2011 deciden dar un paso máis na exploración do reggae.

Iníciase a creación dun novo repertorio, cargado de harmonías e melodías moito máis ricas e próximas ao Jazz, que achegan unha perspectiva actual ao reggae sen deixar atrás a raíz do estilo. O traballo ‘Demo’ autoproducido pola banda é representativo das inquietudes de Zamaramandi. Nesta etapa traballaron tamén como banda de acompañamento de artistas consagrados como Roberto Sánchez e Alpheus.

Na actualidade, a banda lanzou o seu primeiro disco de longa duración, ‘Mesopelagic’. Este álbum, gravado na súa maioría en directo en A-Lone Ark Muzik Studio (Santander) por Roberto Sánchez e en Muu! Estudios (Vigo) por Nando Moure, zumega un ritmo acuoso, denso e constante, repleto de harmonías e letras de carácter social, representando a esencia e personalidade de Zamaramandi.

Compoñentes

  • Xabier Rei: voz principal
  • Cibrán Rei: batería e coros
  • Andrés Seoane: coros e voz principal
  • Sergio García: baixo
  • Javier Vicente: guitarra rítmica
  • David Gago: guitarra principal
  • Adrián Branco: teclados
  • Jorge Méndez: percusión
  • Pedro Álvarez: saxo alto
  • Fausto Escrigas: saxo tenor e soprano
  • Esteban Barcia: trombón tenor
  • Ricardo Mouriño: frauta traveseira

  • http://www.zamaramandi.com

  • Zamaramandi en Facebook
comments powered by Disqus