Domingo 25 xaneiro de 2015 • 20:30 h Música | 5€ ant. / 6€ bill. / 10€ con disco

Nelson Quinteiro: "Orquesta Gharbo!" (en sexteto)

Nelson Quinteiro: "Orquesta Gharbo!" (en sexteto)

O vindeiro domingo 25 de xaneiro Nelson Quinteiro fará a presentación do disco “Orquesta Gharbo!” na sala Aturuxo de Bueu presentando unha nova formación en SEXTETO na que ademais de Álex Lorenzo (guitarra, pedais, coros) e Ólivier Cano (traveseira, saxo), o músico cangués farase acompañar do Trío Caspervek formado por Brais González Pérez (Piano) Eduards Vecbaštiks (Violín) Blas Castañer Ibáñez (Percusión).

O resultado desta xuntanza, da que xa puidemos ter un adianto no Auditorio Municipal de Ourense o día 18 de decembro do pasado ano é un son envolvente e delicado que empaca os temas de Nelson Quinteiro dun xeito novo e moi interesante.

IMPERDIBLE!

Máis información na web do proxecto

comments powered by Disqus