Domingo 28 decembro de 2014 • 20:30 h Música | 5 €

Trampoline

Trampoline

Trampoline son David Tizón, Marcos Rivera e Iago Fernández. David e Marcos comparten este proxecto, entre Vigo e Bueu, dende mediados do 2010. Iago Fernández únese a Trampoline a mediados de 2012.

Trampoline fan pop en inglés, suxestivo e dinámico, con influencias musicais moi variadas, dende o folk americano ata o pop británico. Os coidados arranxos das cordas e o magnetismo das súas melodías quizais sexan a clave do seu particular son. Sen pretensións e intentando deixar atrás os clixés, a proposta de Trampoline é sinxela e sincera, pero intensa, onde os únicos que de verdade importa son as cancións.

Máis información na súa páxina web. Podes escoitar a súa música en Bandcamp.

comments powered by Disqus