Sábado 4 outubro de 2014 • 12:30 h Clases | De balde

Clase aberta de Lindy Hop (Swing On Vigo)

Clase aberta de Lindy Hop (Swing On Vigo)

O Lindy Hop continúa co seu espallamento pola xeografía galega volvendo ao seu lugar de orixe. Swing On School abre un novo grupo de iniciación no Aturuxo Bar a partir deste sábado 4 de Outubro, de 12:30 a 14:00.

O Lindy Hop é un baile dos anos 30 e 40 asociado á música swing da era das Big Bands. Un baile enérxico e divertido co que acostumamos a disfrutar na Sala Aturuxo despois de dous anos de clases e numerosas festas.

A primeira clase será aberta para todo aquel que queira probar o Lindy Hop, de forma gratuíta e sen ningún tipo de compromiso. Para participar nesta clase non é necesario inscribirse. Se tes claro que te queres apuntar ao curso, podes inscribirte na páxina de Swing On School, o curso decorrerá durante todo o ano no mesmo horario que a clase aberta (tódolos sábados de 12:30 a 14:00).

Web: http://swingonvigo.com/

Facebook: https://www.facebook.com/swingonvigo

Vídeo de presentación de Swing On School:

Vídeo da clase aberta de Pontevedra:

Vídeo da coreo de aniversario de Frankie Manning, en Taberna O Rincón Cangas

comments powered by Disqus