Domingo 5 outubro de 2014 • 21:00 h Música | 5 €

Napoka Iria (Euskadi) | Cró! (Galiza)

Napoka Iria (Euskadi) | Cró! (Galiza)

Actuación participante no programa Artistas en Ruta

Napoka Iria

Napoka Iria (Miren Narbaiza, guitarra acústica e voz; e Ander Mujika, guitarra eléctrica, lap steel) é un dúo de folk-rock acústico procedente do País Vasco.

A súa carreira musical comeza en 2005 cun EP composto por seis cancións. Tras esta publicación virá outra maqueta, e xa en 2011 lanzan o seu primeiro disco Lehertarazi edifizioak, gravado nun teatro cun público e que conta con temas improvisados en directo.

Durante estes nove anos calculan ter ofrecido máis de 300 concertos. Actuaron en Londres, Polonia e Italia. Agora voltan a Xapón por segunda vez para continuar presentando o seu último disco Arnasten ikasteko berriz, que viu a luz a finais de 2013. Un álbum que foi moito máis mimado, traballado e coidado ao detalle.

Cada unha das oito cancións evoca lugares íntimos e invitan a viaxar cara ao interior de cada un. O resultado deste traballo supuxo un punto de inflexión na traxectoria do dúo, que segue a traballar para seguir gozando coa música.

Escoita Napoka Iria en Bandcamp.

Vídeoclip: Nik ere

Cró!

Berran Cró! E ese é o seu nome. Cró! xorde en 2007 das profundidades da Ría de Vigo. Banda de rock difícil de describir coas etiquetas comerciais da industria.

Alternativo? Psicodélico? Post? Progresivo? Vintage? Rock con visuais?

Que cousa é un Cró? Calquera melodía vale, só hai que ‘croala’. Clasificar a Cró! faise entón complicado.

A súa música defíneos, e as imaxes que os acompañan en directo, complétanos.

O grupo presentará PERA, o seu terceiro disco de estudio, lanzado na primavera deste ano.

Máis información na súa web.

Vídeoclip: Wilda, pertencente ao seu álbum PERA

comments powered by Disqus