Venres 15 agosto de 2014 • 13:00 h Música | De balde

Arizona Baby Guitar Duo - Festa-vermú presentación SonRías2014

Arizona Baby Guitar Duo - Festa-vermú presentación SonRías2014

O Festival SonRías Baixas celebrará o venres 15 de agosto unha festa de presentación no xardín do Aturuxo, coa actuación dos Arizona Baby. A cita é a partir das 13:00 e a entrada é gratuíta. Os Arizona Baby son unha banda de referencia no panorma indie do Estado. Despois de catro intensos anos de xiras por toda a península, sós e acompañados polos seus aliados naturais, Los Coronas, os Arizona Baby deciden facer un alto no camiño e centrarse no seu próximo traballo, permitíndose só pequenas escapadas como a que os levará ao vermú de presentación de SonRías Baixas, entre amigos e como Arizona Guitar Duo, repertorio máis próximo pero igual de salvaxe e cheo de sorpresas, versións especiais e un plus exclusivo de maior proximidade co público.

Máis información sobre o festival na páxina de SonRías Baixas

comments powered by Disqus