Sábado 14 xuño de 2014 • 22:30 h Música | 6 € ant. / 8 € bill.

Gus & Guz Trío (Swing, jazz, manouche / Estocolmo, Madrid)

Gus & Guz Trío (Swing, jazz, manouche / Estocolmo, Madrid)

Gustav Lundgren (Estocolmo, 1980) é un dos guitarristas de jazz máis destacados do panorama musical europeo. Empezou a tocar a guitarra con 12 anos e estudou música en Estocolmo, Bollnäs e Svalöv entre 1996 e 2000. Aos 16 anos xa tocaba nos mellores clubs de Estocolmo e aos 19 realizou a súa primeira xira por España co seu propio trío.

Entre os anos 2000 e 2011 Gustav realizou xiras con diferentes bandas de jazz por todo o mundo. Ten gravados 50 discos coma colaborador e 12 como solista. Colaborou con músicos como Jimmy Rosenberg, Jorge Rossy, Lelo Nika, Dorado Schmitt, Biel Ballester, Rocky Gresset, September, Marian Petrescu, The Swedish House Mafia, Rasmus Faber e Gustavo Bergalli, entre outros.

Gustav está considerado un dos mellores guitarristas no contorno do jazz, gyspy-swing e house. Tamén compuxo e gravou a música dalgúns anuncios de televisión (MTV, TV4) e produciu discos de Jelena Jangfeldt e Hot Club de Suede. Tamén ten tocado en programas de televisión e radio de diferentes países, incluído EEUU.

En 2004 a súa traxectoria musical levouno a obter un modelo de guitarra de firma propia de AJL Guitars e en 2005 recibiu a Louis Armstrong Scholarship. Tamén foi premiado en 2009 cunha bolsa da Axencia Sueca para as Artes. Gustav é o dono do selo discográfico Lundgren Music.

Jorge Guzmán é un dos poucos guitarristas de jazz swing europeos dedicados exclusivamente ao ritmo. Comezou a tocar a guiterra de forma autodidacta con 18 anos e aos 20 xa recibiu o premio nacional de canción de autor outorgado en Burgos.

Posteriormente formouse musicalmente con profesores de distintos estilos e materias con músicos coma Oscar Herrero, David Russell, Demetrio Ballesteros, D. Pedro Zazpe e Ana María Navarrete. Esta última ínstao a entrar no conservatorio, quedando de nº 1 nas probas de acceso para 10º curso.

Despois marcha a Salzburgo a continuar os estudos no Mozarteum. “O conservatorio estivo ben pero foi unha etapa para esquecer… aínda que me serviu para saber o que non quería facer”, comenta Jorge.

Unha vez superada a etapa formal dedícase de forma plena ao jazz swing e a música de Django Reinhardt, pronto se dá de conta de que non hai guitarristas rítmicos neste estilo, dedicados só a acompañar, e decide cubrir o oco dedicando ao ritmo o 100% do seu estudo.

Como rítmica acompañou a distintos artistas internacionais como Biel Ballester, Walter Coronda e Gustav Lundgren entre outros, sendo este último quen decide formar un dúo xuntos.

Traballa tamén como rítmica de varias formacións: no quinteto de jazz swing Viper’s Quintet, sendo un dos fundadores do quinteto, en Swinging Django, en Biel Ballester Trío, en Amaranto e en Gus & Guz xunto con Gustav. Jorge é o dono da compañía GUZZ Improve Your Music donde desarrolla patentes para músicos.

Máis información na web de Gus & Guz.

comments powered by Disqus