Domingo 8 xuño de 2014 • 21:00 h Música | 5 €

AlQuadrat (Barcelona)

AlQuadrat (Barcelona)

Un grupo cun directo enérxico, contundente e divertido que conquista todos os públicos, tanto polo seu son como pola súa actitude. Chega dende Barcelona e traspasa fronteiras. O seu nome á AlQuadrat.

Con máis de 100 concertos ás costas e 6000 descargas do seu primeiro disco Presente, AlQuadrat prepara un 2014 cheo de sorpresas, entre elas o Felice Tour 2014, onde presentan 4 temas inéditos, e un directo enerxético, explosivo e cheo de forza.

O proxecto naceu en 2009, nas rúas de Barcelona. Dende entón foise xestando cun son mestizo, mesturando ritmos bailables que agora se poperizan notablemente, sen perder espontaneidade nin naturalidade, características descriptivas do grupo.

Presente (2013) combinaba ritmos dende a cumbia ata a rumba ou o ska, e contou coas colaboracións de Itaca Band e Rumba Expresso.

Agora, co seu novo EP Felice evolucionan cara un son máis traballado, sen perder a escénica mestiza que tanto os caracteriza, e coa colaboración de Óscar e Alberto, os ventos de Los Barrankillos, Manu Chao, etc.

En http://www.somalquadrat.com/ pódense descargas todos os seus traballos editados.


Videoclip Llençols

comments powered by Disqus