Domingo 23 marzo de 2014 • 21:00 h Música | 5€ ANT (8€ con CD), 7€ BILL

Els Catarres (Cataluña)

Els Catarres (Cataluña)

Este concerto pertence ao circuíto Girando por Salas do INAEM

Con soamente dous discos e un EP, Els Catarres convertéronse nunhas das bandas máis populares e seguidas de Cataluña, e un nome fixo no circuíto de Festivais, festas patronais e salas. A descarrega de balde dos seus discos na súa web, (case 200.000 descarregas da súa discografía), a interacción constante co público a través das redes sociais (supera os 50.000 seguidores en Facebook) e, por enriba de todo, un directo explosivo, son as claves q explican o éxito da banda.

Postals (Postais), o seu segundo disco, foi un comezar de cero, un repertorio completamente novo e unha formación renovada e ampliada coa sección de ventos e unha bateria. A fórmula era a mesma: sonoridade acústica, a cabalo do fole do pop, con toques de reggae, country, corrido e bossanova. Pero cos cambios gañaron en intensidade festiva e enerxía bailable nos seus concertos. Quedou patente ao longo dos 80 concertos da xira, son auténticas celebracións dende o primeiro tema dos bises.

Podes mercar a entrada anticipada aquí ou na mesma sala.

http://elscatarres.cat/

comments powered by Disqus