Domingo 16 febreiro de 2014 • 21:00 h Música | 6 €

Tachenko. (Electro/Acústico, Pop indie, Zaragoza)

Tachenko. (Electro/Acústico, Pop indie, Zaragoza)

Tachenko son “unha institución do pop independente” (El Pais), e uns (xa) clásicos sen síntomas de fatiga. O grupo por Sergio Vinadué (ex El Niño Gusano) e Sebas Puente ten coma santo grial a busca da canción pop perfecta.

Nestes dez anos de carreira editaron cinco álbumes que conteñen algunhas das máis memorables da última década, léase Amable, Hacia el huracán, Yo no quiero sonar moderno, Escapatoria ou Dame una pista, por citar só unhas poucas.

Un grupo que se esmera tanto en que cada palabra, cada sílaba e cada letra encaixen de maneira tan exacta en cada compás, cada acorde e cada nota (son unha das bandas que mellor musicalidade pop lle atoparon ao castelán), non pode ser tomado á lixeira” (Rockdelux).

Ademais, e así o teñen demostrado en innumerables salas e festivais do circuíto, posúen un dos directos máis enérxicos, sólidos e divertidos que poden presenciarse nestes momentos.

O seu último álbum ata agora é o laureado El amor y las mayorías (Limbo Starr, 2012), onde (sempre coa clase habitual) souberon filtrar a realidade sociopolítica dende unha visión absolutamente única.

Páxina oficial onde poderás atopar máis información e vídeos sobre Tachenko.

Actuación participante no programa Artistas en Ruta

comments powered by Disqus