Xoves 22 agosto de 2013 • 22:00 h Música | 4€

Palito & Zahori

Palito & Zahori

Cando Palito canta as nubes levántanse, pero nunca moi temperán. A chuvia compostelá baixo a que reside a cantautora pontevedresa inspiran as súas húmidas letras, empapadas de frescura e sátira. Un experimentado Zahorí (Javier López de Guereña) acompaña e guía a Palito, guitarra en man, en busca do manancial oculto no campo dos cantautores anacrónicos. ”

Cantautora e guitarrista afincada en Santiago que está a iniciar a súa carreira acompañada por Javier López de Guereña. Durante o presente ano, ademais dalgunhas actuacións en solitario, participou como artista convidada en varios concertos de Javier Krahe pola xeografía española. Pertence como baixista á banda Mr. Magoo.

Javier López de Guereña (guitarra española e composición):

Pertencente ao grupo de Javier Krahe, ademais de numerosas composicións e arranxos para diferentes músicos, bandas sonoras…etc. como se pode ler no C.V. da súa web.

Algún tema para escoitar:

http://we.tl/uTjDLudcXy

Web de López de Guereña:

http://www.lopezdeguerena.com/inicio_7306.htm

comments powered by Disqus