Mércores 7 agosto de 2013 • 12:45 h Música | De balde. Para todos os públicos.

Track Dogs folk pop / Irlanda - USA - UK

Track Dogs folk pop / Irlanda - USA - UK

Este mércores desde as 12h30 abriremos para tomar algo coas familias.

Contaremos co directo do grupo Track Dogs, que nos deleitarán cun precioso repertorio para todos os públicos. Teremos algún pintxo variado da casa. Animádevos a vir sós, ou cos máis peques.

Xa pola noite ás 22h00, haberá o concerto previsto co total do seu repertorio.

Track Dogs é o nome do novo grupo de Garrett Wall Band, con sede en Madrid. A banda toma o seu nome dos equipos de mantemento que traballan as vías do tren en Nueva York. Banda formada por catro extranxeiros residentes en España que se reuniron en 2007 para facer o seu estilo único de folk-pop. Evitando a banda típica de line-up optaron por un caixón flamenco en lugar de tambores e trompetas en lugar da guitarra eléctrica. Coa guitarra acústica, baixo e catro voces da banda en constante evolución, tanto en directo como no estudio.

Banda formada por dous irlandeses, Garrett Wall (voz e guitarra) e Dave Mooney (baixo e caixón), o inglés Howard Brown (trompeta e voz) e Robbie K Jones (caixón flamento e banjo) de Ohio (USA), volven ao Aturuxo un mes antes de lanzar o seu novo disco, “All Roads”, e poderemos escoitar algúns dos seus novos temas.

Máis info:

http://www.trackdogsmusic.com

http://soundcloud.com/trackdogs

http://trackdogs.bandcamp.com/

comments powered by Disqus