Domingo 16 xuño de 2013 • 21:30 h Música | 6€

Mónica de Nut e Virxilio Da Silva (Jazz popular clásica, Galiza)

Mónica de Nut e Virxilio Da Silva (Jazz popular clásica, Galiza)

Mónica de Nut, voz e efectos, e Virxilio da Silva, guitarra e efectos; mesturan a linguaxe do jazz, as dinámicas da música clásica a experimentación con sons acústicos e electrónicos e a música de raíz galega.

O seu repertorio combina temas propios con versións de estándares da tradición jazzística e arranxos de composicións de música clásica e cancións populares.

A proposta para o directo é unha reinterpretación deste primeiro disco da cantante Mónica de Nut acompañada de Virxilio da Silva á guitarra. Parten dun concepto máis acúsitico e aberto, sen electrónica, pero sen prescindir dos efectos, experimentación e a performance.

Este concerto ten o apoio da Rede Galega de Müsica ao Vivo.

Máis info:

http://www.monicadenut.com

comments powered by Disqus