Venres 21 decembro de 2012 • 23:00 h Música

Os Cempés. (Tradicional, Galiza). Presentando o seu traballo "Tentemozo"

OS CEMPÉS regresan aos escenarios cun novo álbum para celebrar os 20 anos transcorridos dende o seu primeiro concerto oficial.

A banda reinvéntase de novo con TENTEMOZO, unha nova gravación na que participan máis de 50 artistas entre músicos, técnicos e creativos.

TENTEMOZO será o quinto álbum desta banda das terras de Ferrol, e ao igual que aconteceu cos seus discos anteriores, neste Os Cempés encontran novos camiños sonoros e recrean con novos timbres o seu propio son característico e único.

Os Cempés son:

Antón Varela: Gaitas

Serxio Ces: Voz, bombo, pandereta e silbidos.

Ramón Dopico: Percusions

Pablo da Lama: Saxos e clarinete

Fernando Barroso: Bouzouki

Oscar Fernández: Zanfoña e Voz

Máis info da banda:

http://oscempes.blogspot.com.es/

Video promocional:

http://youtu.be/RagMNmC_nIo