Domingo 2 decembro de 2012 • 21:00 h CANCELADO!!! | 6 ant / 8 bill

Txarango (Reggae, Dub, Latin, Pop | Catalunya)

Txarango regresa a Galiza convertido na nova realidade musical da mestizaxe, despois de pasear o seu directo por grandes festivais e festas. Esta banda, nacida nos Pirineos e ensamblada en Barcelona, cautivou coa súa vibrante fusión de reggae, dub, latin e pop ao público presente no Festival SonRías Baixas 2011, converténdose na gran revelación desa edición. Este outono acoden a Galiza con máis enerxía e un directo novo e explosivo para presentar o seu primeiro disco, Benvinguts ao llarg viatge (Benvidos á longa viaxe), en descarga gratuíta dende a súa web www.txarango.com. Txarango é zume novo para a fusión máis cálida, festiva e bailable, sen renunciar á calidade nin ás grandes cancións.

Concerto coa colaboración de Artistas en Ruta.

Máis info de Txarango:

http://www.txarango.com