Sábado 1 decembro de 2012 • 23:00 h Música | 4 eur

Display of Power. (Tributo a Pantera | Galiza)

Display Of Power é o grupo orixinal e definitivo de versións de Pantera.

En 2002 os compoñentes do grupo TEOET (Roi á guitarra e Diego ao baixo, procedentes de Meninh@s da Rua, xunto co batería David Edreira) comezan a sacar temas de Pantera como exercicio e mostra do profundo ríspeto á banda de Texas. Cada tema que se estudaba conducíalles xa ao seguinte, de modo que disco tras disco comezaron a ter un volume importante de repertorio que de forma natural os levou a formar este proxecto de tributo, co presentimento de que sería unha banda de tributo que marcaría a diferenza.

Tempo despois uniuse ao seu traballo Alberto Castaño da banda C’Mon Baby Destroy para facerse cargo do traballo vocal de Phil Anselmo.

Dende o primeiro momento o proxecto provocou grande expectación, moito antes incluso dos seus primeiros directos, debido á dificultade técnica e á intensidade dos temas de Pantera.

Despois do seu primeiro concerto comezaron pouco a pouco a formar unha sólida base de seguidores que asisten asiduamente aos seus concertos, conservando plenamente o espírito de fan incondicional que tiña o público de Pantera e que non se coñece en ningunha outra banda da historia do Metal.

Dende o comezo tomaron o seu espectáculo en directo intentando levalo ao máximo nivel tanto musical como visualmente, e xa que varios membros do grupo son técnicos de audiovisuais, quixeron contar cun equipo técnico permanente a nivel de luces e son. Levan con eles sempre a Alberto Castro (Dismal, Kannon) na parte de son e a Benjamín Trillo (Celtas Cortos, Luar na Lubre) como luminotécnico.

Display Of Power leva ademais como backline da banda un importante equipamento orixinal da banda Pantera como os amplificadores e a maior parte das guitarras do lendario deus da guitarra Dimebag Darrell, que forman parte da súa colección única.

Despois de numerosos concertos pola xeografía galega a banda comeza a facer shows máis importantes abrindo festivais para artistas internacionais do rock como Doro Pesch, ou grupos históricos nacionais de primeiro nivel como Barón Rojo ou Habeas Corpus.

Display Of Power continúa traballando intensamente en diversos frontes, preparando os temas de Pantera de todos os discos e levando a súa forza e intensidade ao directo xa que non se pode agora gozar do mellor grupo de metal da historia. Bandas de tributo a Pantera hai varias no mundo… pero ningunha se acerca ao son, ao traballo e ao detalle como DISPLAY OF POWER.

Concerto da Rede Galega de Müsica ao Vivo.

http://www.myspace.com/displayofpower