Domingo 28 decembro de 2008 • 21:30 h Música | 6,00 €

Machina (Emo-core / Galiza), Zea Mays (Rock / Euskadi)

MACHINA presenta unha proposta que se pode considerar alternativa non só na música en galego senón tamén na música do noso país. Usando sempre o galego como medio de expresión, Machina achéganos o seu peculiar estilo difícil de cualificar pero que poderiamos etiquetar como emo-core. As súas influencias son moi variadas; por citar algunhas: The Used, Tool, Deftones, 36Crazyfits, Körn, At The Drive in, Berri Txarrak. A banda de Cerceda, herdeira do chamado “son Cerceda”, propón 60 minutos da súa receita de ingredientes emotivos e cañeiros sempre en galego e sen xustificacións por facelo así.

ZEA MAYS Banda euskalduna que conta con cinco discos no seu haber. O estilo de Zea Mays está enmarcado no universo do Rock, as suas influencias van dende Led Zeppelin pasando por Pearl Jam ata Muse o Gotsa coa dulce e desgarradora voz da sua vocalista. Veñen presentar o seu ultimo disco Morphina co apoio do programa Artistas en Ruta.

Este concerto forma parte do programa Artistas en Ruta da AIE.

Rede Galega de Música ao Vivo

Visita a web de Machina

Visita a web de Zea Mays