Xoves 12 xullo de 2012 • 21:35 h Música | 2 eur

Trampoline (Indie/Pop)

Trampoline

Trampoline son David Tizón (voz e guitarra acústica) e Marcos Rivera (guitarras, banxo, ukelele e voz) e comparten este proxecto, entre Vigo e Bueu, dende mediados do 2010. Actualmente acompáñaos Iago Fernández (batería e percusión).

As súas influencias musicais son moi variadas, dende o folk americano ata o pop británico, e se tivésemos que definir o estilo de Trampoline, poderiamos catalogalo como indie pop en inglés, suxestivo, dinámico e íntimo. Os coidados arranxos das cordas e o magnetismo das súas melodías quizais sexan a clave do seu particular son. Sen pretensións e intentando deixar atrás os clixés, a proposta de Trampoline é sinxela e sincera, pero intensa, onde o único que de verdade importa son as cancións.

Dende o verán de 2011 tocaron en varias das salas máis representativas da área de Vigo, como La Fábrica de Chocolate, Sala Aturuxo, Sala Playmovil, La casa de Arriba, Sala Karma… Recentemente, en marzo deste ano, participaron no festival Sonora 12, organizado pola Universidade de Vigo, convidados por Coconut Producciones.

Sen selo discográfico, polo momento, Trampoline acaba de gravar o seu primeiro EP, Fog, que inclúe cinco cancións dispoñibles para o seu eschucha en trampoline.bandcamp.com, e co que buscan facerse un oco dentro da escena musical alternativa.

http://www.trampoline.bandcamp.com

http://www.facebook.com/pages/Trampoline/43759546481?ref=tn_tnmn

http://www.myspace.com/trampolin

http://www.soundcloud.com/trampoline_music.

Este concerto farase na terraza se a climatoloxía o permite.