Domingo 10 xuño de 2012 • 21:30 h Música | 6 eur

Esperit! (O home orquestra, Catalunya)

Tras sucar medio mundo con infinidade de aventuras musicais, pero sobre todo con Les Aus, agora Mau Boada (Sant Celoni, 1981) presenta o seu proxecto máis persoal, Esperit! Un home-orquestra que nos fai viaxar con cancións de berce alucinóxenas, folk triposo, sons telúricos, ruídos e escapadas ao circo. A pesar da súa xuventude, Mau Boada xa deixou a súa pegada en máis dunha vintena de discos. Faise presente no undergound de Nova York coa mesma naturalidade que en Sant Celoni ou o Heliogàbal, ou como cando xiraba por Europa nunha compañía de circo. Os seus concertos son sempre imprevisibles e transitan por camiños inesperados, levando o público ao límite da hipnose. Un multiinstrumentista iluminado e sorrinte. Unha música que nace libre e flúe libre. Máis info:

http://www.myspace.com/maumusicca

http://www.lastfm.es/music/Esperit!