Sábado 7 decembro de 2002 • 22:00 h Música | 4,00 €

Concerto Urxente contra a Marea Negra: Tiro na testa, Skacha, Soak

Case 1000 km de costa estragados e milleiros de familias arruinadas, e algúns seguen coa teima de que aquí non pasa nada.

A totalidade da recadación do concerto será destinada a mercar equipos completos de protección (traxes, luvas, botas, gafas e mascarillas) que serán entregados a grupos de voluntarios/as e/ou confrarías de pescadores para os traballos de limpeza da ría.

Antes do concerto haberá unha charla informativa da protección e limpeza do fuel-oil a cargo do grupo Erva.

Visita a web de Tiro na testa

Visita a web de Skacha

Visita a web de Soak