Sábado 7 abril de 2012 • 22:30 h Música | 6 eur

Alpargata (Flamenco / Latina / Pop Punk, Madrid)

Alpargata volve a Galiza para presentar o seu segundo traballo discográfico, Al Borde del Colapso. Á parte de afondar na investigación de ritmos latinos e a rumba, xa notable no seu primeiro disco, a ecléctica banda tírase á piscina e sorprende cun disco impredicible, no que aborda dende o típico chotis madrileño ata a música electrónica experimental, pasando polo swing e o afrobeat. Por suposto, este disco non tería sentido sen o aliño de humor negro e crítica social nas letras de Mario Boville, e ese toque surrealista e apocalíptico que lles converte nun referente da escena underground española

http://www.myspace.com/alpargatasoundsystem

Clip de promoción: http://youtu.be/iiePUM4g8mQ