Venres 16 marzo de 2012 • 22:30 h Música | 4 eur ou 6 eur con disco

Los Barrankillos (Rumba latina, Reggae, Mestizo.../ Catalunya)

OS BARRANKILLOS son un grupo nacido en 2006 das rúas de Santa Coloma de Gramenet. Fillos da música urbana máis canalla e mestiza, estes cinco músicos han conseguido encontrar un son contundente e un groove imparable capaz de levantar o público en calquera lugar e en calquera momento. Música todoterreo enche de enerxía e bo rolo, alegría e desenvoltura en estado puro que non deixa indiferente a ninguén. Con máis de 180 concertos ás súas costas e o ímpeto da súa xuventude conseguiron facerse un oco dentro da mestizaxe barcelonesa. O Barranko Peleón (2010) é o primeiro álbum de estudo da banda, que puido contar coa colaboracións de artistas e amigos do talle de Muchachito Bombo Infierno, Iván de Los Impagaos ou Dani Txarnegö de La Familia Rústika. Un disco autoproducido onde o grupo amosa a súa esencia de directo e onde non falta de nada: guitarras españolas, un baixo contundente, unha guitarra eléctrica multi-orgásmica, percusións latinas, melodías afrodisíacas e un dobre bombo que quita o impo. Todo iso ben aderezado por unhas letras traballadas e divertidas, cantadas por unha voz resgada e canalla difícil de confundir. No seu estilo nacido de letras rumberas hai influencias do reggae, o ska e o punk, o rock e a rumba latina, o swing e mesmo o funk. Todos estes estilos pasados polo coador axeitado convértense nun amoado musical e falangueiro difícil de clasificar e encadrar, un son libre que fusiona sen complexo ritmos e melodías con un único obxectivo: transmitir a súa alegría pola vida.

Máis info:

http://www.losbarrankillos.com

http://www.myspace.com/losbarrankillos

http://www.facebook.com/losbarrankillos

http://www.youtube.com/user/losbarrankillostv