Domingo 25 marzo de 2012 • 21:00 h Música | 6 eur

Cró! (Experimental/Rock, Galiza)

Cró! é o berro que a banda usa para definirse a si mesmos. Non é só unha mestura de sentimentos de jazz, clásica ou rock, é tamén unha comunicación entre música e vídeo en tempo real. A música flúe facilmente entre os catro músicos e o vídeo artista creando novos espazos e texturas no contexto do rock. A banda estivo tocando durante os 2 últimos anos e agora conseguiron un son e imaxe identificativos. O primeiro LP foi presentado nunha xira que os levou por País Vasco, Francia e Barcelona, volvendo con forza para presentalo en casa. Cró! Esta formado por: David Santos - Baixo Cibrán Rei - Bateria Ruben Abad - Guitarra, voz Xavier Núñez - Teclados, voz Borja Bernardez ? Visuais en tempo real

http://www.spacecro.com/

http://www.myspace.com/spacecro