Venres 16 decembro de 2011 • 22:30 h Música | 10€ ant /12€ taq

Sutagar (Rock, metal /Euskal Herria)

A banda de Eibar, Sutagar acaban de editar o seu novo traballo Ametsak Pilatzen, o oitavo de estudo, que chega detrás da xira de celebración dos seus 20 anos sobre os escenarios. Nesta ocasión regresan cun disco máis heteroxeneo e que recolle tanto o son cru e metálico das súas primeiras obras como as influencias máis contemporaneas e melódicas dos seus últimos discos, sen renunciar á combinación de instrumentos acústicos e elécticos que dun tempo para acó se están convertendo en aceno de identidade.

http://www.sutagar.com