Domingo 18 decembro de 2011 • 21:00 h Música | Por determinar

Jenny & The Mexicats (Flamenco, Blues, Jazz, Rock)

Jenny and The Mexicats ten un directo cheo de enerxía, mestura de músicas e moitas sorpresas. É imposible clasificalos nun estilo. Un madrileño de Alcorcón, David o caixón, dous mexicanos, Pantera (guitarra flamenca) e Icho (contrabaixo) e unha inglesa, Jenny Ball voz e trompeta.

Formaron unha banda de maneira accidentar para facer música sen máis pretensións. Pachucos y la Princesa era como se chamaban nun primer momento, pero por facilidades lingüísticas terminaron rebautizándose como Jenny & The Mexicats.

Actualmente Jenny & The Mexicats estarán promocionando a saída do seu tan esperado primeiro disco “Starting Something”.

http://www.jennyandthemexicats.net