Xoves 4 agosto de 2011 • 21:30 h Música | 2 € con consumición

TroulaBenvida: A Tarantela Rabuda + Chema Rey (Festival SonRías Baixas)

O Xoves 4 de agosto terá lugar a TroulaBenvida no Escenario Aturuxo, coa actuación de A Tarantela Rabuda, da Fundación EmerxeMorrazo , e una sesión a cargo de Chema Rey.

TROULA NA BANDA e o Festival SonRías Baixas

Dez edicións e a Asociación Troula na Banda decide bautizalo seu festival como “Festival SonRias Baixas”. Estreamos o Recinto Multiusos da Estacada, ampliamos servizos (camping, gastronomía…) e melloramos a seguridade, aínda que nos mantemos no entorno urbán de Bueu e moi perto da praia. O duro traballo de tódolos membros e colaboradores da Asociación, dos profesionais e simpatizantes que nos axudan a cada paso, mostra o seu froito a todolos veciños e visitantes de Bueu. Seguimos pensado que existe outro xeito de facelas cousas, traballando entre todos, para facer un evento sen ánimo de lucro para que todos disfruten da cultura na nosa vila. Sen o apoio de todos o SonRías Baixas non sería posible.

Ademais das persoas, as colaboracións deste ano tamén medran. O comercio do Morrazo está presente neste libro como un dos que máis confían no SonRías, e tamén están os nosos patrocinadores, a Fundación EmerxeMorrazo e Mahou, Concello de Bueu, Agadic, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Novacaixagalicia, Merc, Fundacion Novas e Fecimo, este último como patrono da Fundación EmerxeMorrazo. A estes engadense aliados técnicos, como,Pelicula Invertida, Galasound e Melodia Visual, e medios oficiais, Mondosonoro e Radio Galega. Por último, pero non menos importante, o Hotel Incamar.

Este Festival está pensado para vos, para a xente que nos visitades e nos apoiades ano tras ano, que nos facedes mellorar e nos dades motivos para seguir adiante. Todo este traballo é por e para os veciños e amigos que disfrutades dos concertos eactividades.

Benvidos o SonRías Baixas.

A programación do Festival SonRías Baixas

A axenda deste ano ven cargada, coa TroulaCup, o campionato que se celebra na Praia da Banda do Rio entre o 18 de xullo e o 3 de agosto.

Dende o 1 ó 7 de agosto, na Sala Amalia Dominguez terá lugar una exposición de escultura a cargo dun artista da Fundación EmerxeMorrazo, Florepa.

O Xoves 4 de agosto terá lugar a TroulaBenvida no Escenario Aturuxo, coa actuación de A Tarantela Rabuda, da Fundación EmerxeMorrazo , e una sesión a cargo de Chema Rey.

O venres, a partir das 12:30 terá lugar a presentación da Festa do Polbo no Multiusos da Estacada. A partir das 21:45 comezarán os concertos coa participación de Dr Zaius, Txarango, Albert Pla, Betagarri e La Pulqueria.

O Sabado, e a partir das 21:45 comezaran os concertos coas actuacións de FainoTi, Stay, Sidonie, Dos Bandas y un Destino e Asstrio.

http://www.troulanabanda.info