Xoves 28 xullo de 2011 • 21:30 h Música | 6 €

Vaamonde, Lamas & Romero (Música Popular Galega / Galicia)

Música popular galega… e algo máis O trío máis retranqueiro da música galega renóvase e preséntanos a súa nova proposta escénica cun repertorio composto exclusivamente por temas dunha única formación da historia de Galicia: Os Trintas de Trives. Como xa nos teñen acostumados, Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, ofrécennos a súa particular visión cómica e desprexuizada deste cuarteto que trunfou hai máis dun século aquí e alén das nosas fronteiras e cuxa traxectoria é un cúmulo de singularidades, anécdotas e vangardismo. O cosmopolitismo na montaña ourensá. Vaamonde, Lamas & Romero son boa música e mellor humor. Un bálsamo terapéutico e liberador para estes tempos de crise.

http://www.vaamondelamaseromero.com/