Venres 29 abril de 2011 • 22:30 h Circo | 4 €

Pablo Trasno (Novo Circo / Galiza)

Podes soñar coa maxia, a risa, a emoción e a tenrura que che transmite un espectáculo cheo de diferentes combinacións circenses creadas por este artista, Pablo Trasno.

Capaz de facerte sorrir coas súas fazañas cómicas aparentemente improvisadas, capaz de facerte vibrar cos seus malabarismos traballados cunha técnica coidada, capaz de facerte voar cos seus números acrobáticos creados co esforzo dun adestramento físico constante e emocionarte ao remate do espectáculo polo humilde agradecemento sempre presente neste artista co seu público.

Pablo Trasno, á marxe de ser un creador nato, esfórzase para que cada día o seu traballo avance buscando novas formas de expresión para o seu traballo. Integra circo, música, danza e teatro para despois mostralo sobre un escenario ou na rúa. Este último espazo é o preferido por Pablo pola súa proximidade co público e polo respecto que sente pola xente que camiña polas rúas e se paran a ver o que sucede nun círculo pechado onde se mostra a súa actuación.

http://www.pistacatro.com