Domingo 3 abril de 2011 • 21:00 h Música | 5 €

Guezos (Celta / Folc Rock, Ourense)

Guezos nacen no ano 1999. Teñen publicados dous traballos “Guezos” (2000) e “Terradentro” (2004), o compilatorio Virtual 99-06 dentro do Netlabel www.aregueifa.net e “Oito Destinos” (2009) sempre autoeditados e autoxestionados tocaron en festivais como o de Ortigueira, Vilariño ou Noite do Trasno, a parte de percorrer toda Galiza en pubs e salas. En 2006 “A das Festas” foi elixida polo público da Radio Galega como a canción máis popular do verán, para logo participar en programas de TV como Mundoverbena, Luar, Alalá ou En Pé de Festa.

Non lles importa o estilo, a sonoridade ou corrente musical, o seu obxetivo final é facer boas cancións. Banda formada por Adrián Beiroa (voz principal e guitarra acústica); David Quintas (Guitarra eléctrica e guitarra acústica); Modesto Cid (gaita, whistle); Xabier Domínguez ( Gaita, whistle) Francisco Díaz (Batería); Roberto Reboiro (Baixo) Anxo Fernández (Coros, teclados, acordeón)

http://www.myspace.com/guezos http://www.guezos.com