Venres 4 marzo de 2011 • 22:30 h Música | 5 € ou abono

Bruno T. Ford (Country/ R&R, Alemania - O Grove)

Bruno é xa coñecido na escena galega como cantante, guitarrista e líder da banda alemá Río Bravo. Ofrece a súa descarga de rock&roll ao longo de sete densas xiras galegas, tocando desde no local máis pequeno ata no mesmo peche de festivais como o Cultura Quente de Caldas. Tras a, polo momento, disolución de Río Bravo, Bruno fica en Pontevedra e estrea o formato acústico, unha proposta musicalmente máis achegada ao seu segundo proxecto en Alemania: The Ford Broncos, e comeza a percorrer de novo o circuíto galego demostrando que ben pode seguir a súa descarga de enerxía e bo facer sen necesitar apenas envoltorios instrumentais. Defende o espectáculo só coa súa guitarra acústica e con Miguel de la Cierva coa guitarra eléctrica e o pedal steel guitar.

http://www.myspace.com/brunotford