Domingo 27 febreiro de 2011 • 21:00 h Música | 6 € ou abono

Jotinho's (Bossanova/Samba, Lugo)

O conxunto intégrano coñecidos músicos da cidade. Na batería temos a Ro Muñoz, ao contrabaixo a Carlos Doval e ao piano a Luis Monsalve, todos eles músicos de dilatada traxectoria. Á voz, Silvia Viñas Rojo, cuxo entusiasmo foi clave á hora de concibir o proxecto e, por último, á guitarra Fernán Gómez, un vigués afincado en Lugo que gastou o seu primeiro soldo nunha guitarra para bossa nova hai xa algúns anos.

O seu repertorio ten un denominador común, os concertos que Vinícius de Moraes e Toquinho ofreceron en Bos Aires e Punta del Este nos locais coñecidos coma “La Fusa”. Neles cóntase coa participación de Maria Creuza e María Betanhia na voz, ademais dun elenco de músicos arxentinos de primeiro nivel. Ademais dos temas popularizados por esta gravación, Jotinho’s tamén interpretan outros clásicos da bossa nova clásica así coma sambas recoñecibles por todo o público.

A intención deste grupo é devolver eses temas que tanto soaron hai anos á xente que queira volver a desfrutalos en directo e, aos que non o fixeran, presentarlles algunhas pezas dun dos mellores discos de música brasileira que existen.

http://www.myspace.com/jotinhos