Domingo 6 febreiro de 2011 • 21:00 h Música | 6 € ou abono

GARI (Rock Autor, Euskadi) (Ex_Hertzainak)

Para calquera artista de longa traxectoria, como a de GARI, producir un recopilatorio é comparable a un exercicio de mirarse sen tapuxos nun espello. Hai que enfrontarse a imaxe e evolución dun mesmo ós momento máis difíciles e duros, ós creativamente máis ricos, e incluso ós máis convencionais. En cada etapa, mellor ou peor, sempre existe para o artista algún tema que garda un significado especial, sen que necesariamente fora o de máis éxito. A súa trascendencia e sempre subxectiva, e especial para quen o creou. Este foi o punto de partida do disco recopilatorio “16lore”, o novo traballo de GARI que inclúe 16 cancións de distintas etapas, elixidas polo valor simbólico que teñen para el, con tres temas de Hertzainak, e outros trece dos seus discos en solitario.

http://www.gari.tv/ http://www.myspace.com/condenadoalaesperanza