Sábado 30 outubro de 2010 • 22:30 h Música | 8 € ant / 10 € taq.

La Troba Kung-Fú (Latina/ Folk/ Dub, Barcelona)

La Troba Kung-Fú é actualmente unha das bandas máis importantes da World Music europea. Banda liderada por Joan Garriga ex líder de Dusminget, unha das bandas máis influentes e trangresoras dos anos 90. Veñen a presentarnos o seu segundo traballo “A la panxa del bou”. Cun directo impresionante séguennos deleitando coa súa fusión despreocupada pero comprometida. Rumba mesturada con dub, cumbia, sarao, blues, boogie-woogie e outros xéneros maís fáciles de tocar que de definir. Banda formada por Joan Garriga (acordeón e voz), Pep Terricabras (batería), Flor Inza (percusión), Luis Arcos (guitarra), Marià Roch (coros), Muchacho (guitarra e coros) Toti Arimany e Marc Sampere.

http://www.myspace.com/latrobakungfu