Xoves 22 xullo de 2010 • 22:00 h Música | 3 €

Les Trois de Cora (Chanson française, Santiago de Compostela)

O espectáculo “Les Trois de Cora: de Belleville à Pigalle” propón unha viaxe polo tempo e polo espazo. Constrúese fundamentalmente sobre a fusión entre música e teatro. E unha boa oportunidade para o público de achergarse por unha banda á chanson française e aos seus artistas máis representativos, así como de coñecer anécdotas curiosas sobre os barrios da Cidade das Luces. O repertorio é unha selección de catorce cancións compostas dende a primeira metade ata os anos 2000 do século XX e versionadas nun estilo máis novo, así como de temas propios. Mesturamos tamén a chanson française coa música clásica, e unha interpretación acústica con bases electrónicas.

http://www.myspace.com/lestroisdecora