Domingo 6 xuño de 2010 • 21:00 h Música

Ix! (Catalunya) + Moonjackets (Rock, Vilagarcía de Arousa)

Ix! (Catanlunya)

O seu álbum debut Autòmat Infinit – hexatylic records 2008 – colocounos rapidamente no centro de atención da nova fornada de grupos independentes cataláns e o seu tremendo directo daba a razón aos que apostaban por esa particular proposta musical.

Un ano máis tarde, Canónigo Films encomendáballes a valente tarefa de compoñer toda a banda sonora da súa nova película: Estación del Olvido, de Christian Molina e Sandra Serna, que estará nos cines a partir de marzo.

Agora volven, autoxestionados e cun segundo disco. Máis atrevido que nunca, L’Ingenu és Lliure – gat records 2010 - é unha mostra do excelente estado creativo da banda.

Inmersos de cheo na súa xira de presentacións, pasan polo Aturuxo o 6 de xuño.

http://www.myspace.com/ixcadaques

Moonjackets (Rock, Vilagarcía de Arousa)

Aitor Pereira: voz e guitarra; Miguel P. Eyré: baixo; Carlos Pedrosa: bateria

http://www.myspace.com/mjackets