Domingo 16 maio de 2010 • 21:00 h Música

Leite de Nai (Rock en galego, Ourense) + Dinero (Rock en castelán, Madrid)

LEITE DE NAI (Rock en galego/Ourense)

Banda formada en 2005 nun soto próximo ao río-cloaca Barbaña no centro da cidade das Burgas. O seu estilo defínese no 2008, coa entrada do novo guitarra, dándolle unha pegada e actitude máis rockeira. Levan xa varias maquetas autoeditadas con moi boa acollida. Agora veñen presentarnos o disco “mirando o ceo”… Benvidos o Aturuxo.

http://www.leitedenai.com

DINERO. (Rock en castelán/ Madrid) Esta banda madrileña fórmase en xuño do 2007. Bases rítmicas potentes, con baterías que van dende o disco ao rock, e baixos contundentes con alto grado de protagonismo. Intensidade vocal acompañada de coros abertos e electrizantes. Guitarras rítmicas e incisivas. Todo isto sempre coa intención de ofrecer un directo intenso e potente, en fín, tres músicos cun directo imprescindible. Pisaron un montón de salas da escena madrileña e este ano plantexan tocar no Sonorama e Rock en Río entre outros festivais.

http://www.dineromusic.com

6 eur. ou abono