Xoves 6 maio de 2010 • 21:30 h Teatro | 5 eur ou abono

Teatro Esmorga (O Incorruptíbel, Helder Costa, Galicia)

A política é unha enfermidade contaxiosa, moi traidora. Para moitos é un negocio. A política é a arte de mentir, camuflar, falsificar, emporcar a vida, mercar e vender conciencias. Para soster un partido hai que gastar enormes sumas, hai que ter radios, xornais, salas de conferencias. Diñeiro, moito diñeiro. ¡Non chega a verdade! Nacen, medran, reprodúcense. Saben que este mundo é deles, a súa xente, os seus animais, a súa natureza. Son os que piden o voto, son ese virus, esa enfermidade. Carrachos subidos ó fento agardando para chucharnos o sangue. Son políticos, mentireiros, corruptos. Son a confirmación de que este mundo non é o mellor posible.