The Soul Jacket comezan no 2004 ensaiando versións dos seus grupos favoritos. Cambios de formación e anos pasaron dende entón, maquetas, festivais e kilómetros. A finais do verán de 2008 gravan o seu último traballo onde amosan a súa cara máis rockeira. The Soul Jacket abrirá a caixa dos tronos cun directo rítmico, cheo de forza e vitalidade, o próximo 22 de xaneiro no Aturuxo.