Sábado 19 decembro de 2009 • 22:30 h Música | 5 € con Cd ou abono

Skakeo (Ska/ Punk, Bueu) + Moletia (Punk/ Rock, Bueu)

SKAKEO

(Ska / Punk / Rock, Bueu)

http://www.myspace.com/skakeooficial

Skakeo crease a finais do verán 08 coa idea de poñer cánticos populares en oídos das novas xeracións e adaptados a un estilo Ska. Durante un tempo foron reunindo diversos músicos da vila de Bueu e creando tamén temas propios. Tras pasar por diversos festivais e salas agora véñenos a presentar a súa primeira maqueta, “SolidariSka”. 1 € de cada entrada do concerto será doado o Sahara.

MOLESTIA (Punk / Rock/ Hardcore, Bueu)

Tras comezar os seus pinitos na música con Alto Voltaje, Molestia se crea no verán de 2007 con un proxecto máis definido e unha formación estable con Rodri, a guitarra e a voz, “Zikuta” o baixo, e os irmás Sampedro, Txelas a guitarra solista e coros, e Alex “Sampe” a batería. Tras meses de longos e duros ensaios, onde se buscan a si mesmos, crean un repertorio poñéndoo a proba en distintos escenarios da comarca, e se encontran cun son no que se atisban as súas influencias. Cada membro aporta o seu propio estilo, con toques dende o máis puro como Los Suaves o Barricada, á contundencia de Seguismundo Toxicómano.

http://www.myspace.com/molestiarock