Domingo 23 marzo de 2003 • 21:30 h Música | 10,00 €

Dusminguet (Mestizo / Barcelona), Pedro Herrero (Canción de autor / Cantabria)

Dusminguet

Por segunda vez pisan o escenario do Aturuxo.

Veñen de La Garriga (Barcelona). É un grupo que colle música de aquí e de alá para transformala en mil cores e formas e adaptala ó seu propio mundo, a súa maneira de mirar as cousas. O grupo nace no ano 1995 e empeza tocando tex-mex, rumbas, merengues, vals…, en definitiva, música que non ten sentido sen o baile e a festa, unha trituradora de músicas populares. Cantan en catalán, castelán, inglés, francés, portugués e árabe.

Levan tres traballos, dos cales temos disfrutado bailando nos locais de copas do Morrazo. Veñen presentarnos o ultimo traballo chamado GO, gravado despois da desgraciada morte do seu baixista Carlos Rivolta, que fai replantexar a situación do grupo.

As ganas non nos faltan de disfrutar deste disco, cheo de novas misturas, novos ritmos gregos, rock-and-froll, guitarras gipsy… Dusminguet son do seu mundo e é que o noso está ó revés… A beillaaarrr.

Pedro Herrero

Pedro Herrero estivo no Aturuxo en dúas ocasions: con Cantad, Cantad Malditos e acompañado de Laura dos Santos, deixando a calidade enriba do escenario.

Agora vén presentarnos El maravilloso mundo de Crasly Feidagüei, que consiste nun espectáculo unipersoal que xorde da ambición de mesturar música, humor, teatro e improvisación nun escenario a forza de imaxinación.

Aforo limitado

Visita a web de Dusminguet

Visita a web de Pedro Herrero