O primeiro disco da formación (El Mordisco), producido por Wahin Makinaciones, reúne, de xeito condensado, a esencia dun grupo que durante os últimos dez anos soubo facerse un nome propio dentro do panorama hip hop de Galicia a través das súas tres maquetas publicads e da súa particular forma de entender o directo, unha mestura de potencia e espectáculo que os converteu nunha referencia do hip hop galego.