Venres 16 outubro de 2009 • 21:30 h Música | Prezo por determinar

Debuxos Reanimados (Pontevedra)

Nacen no ano 1995 coa idea de revisar as vellas melodías que escoitaban na televisión e na radio cando eran cativos. A partires desa idea, o grupo evoluciona ata un repertorio de temas orixinais na súa maioría, con letras irónicas e humorísticas, sen esquecer algunhas versións de temas de todos os tempos. Autoproducen unha maqueta con Segundo Grandío e, en anos posteriores, dous cd’s (Todos llevamos un monigote dentro e Somos raros) con produción de Juan Hernández. Dende os seus inicios participan en diversos festivales, entre eles o IMAGINAROCK 99 como representantes de Galiza, ou o GALICIA CIDADE ÚNICA. Actúan en diversas salas como o Clavicémbalo, Aturuxo, Karma, e outros locais de música ó vivo. O seu máis recente traballo, Somos raros, soóu no programa da RTVG Aberto por reformas, e en Luar da TVG. Seguen mantendo a mesma ilusión e desfachatez que os levou a xuntarse no século pasado para disfrutar da súa paixón pola música.

Repertorio moi variado de cancións orixinais na súa meirande parte, con letras cheas de ironía, humor e frescura. O seu directo contáxiase desa espontaneidade, e buscan sempre a complicidade e participación do público. Son diversión asegurada.

Visita a web de Debuxos Reanimados