Aforo limitado. Actuación incluída no programa do 2º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu.
Zora Gabbara nace como grupo no ano 2007 en Ribadeo (Lugo), cando Héctor Peña e Miguel Anxo Fernández cantante e baixista respectivamente do grupo de hard rock Beetle Judge, deciden comezar unha nova aventura en formato acústico. No 2008 gravaron o seu primeiro EP Songs For Jubal con 5 temas a ritmo de rock, folk, e incluso algunhas sorpresas a ritmo de vals. Agora presentan este EP en vivo en todas as salas de concertos posibles.