A banda formárona en 1997 en Nantes, Francia, uns cantos músicos rusos que compartían o amor pola música folc e por viaxar. Estiveron de xira por Europa, reuníndose con músicos tradicionais, tocando na rúa e en bares entre concerto e concerto. En 2001 asentáronse á fin en San Petersburgo, Rusia, onde atoparon máis músicos que incorporar á banda.
Dende o seu nacemento recuperan e tocan música tradicional de toda Europa, aínda que agora se concentran en mesturar músicas tradicionais klezmer (xudía europea) e balcánica (romano-moldava, macedonia, etc) con arranxos orixinais e intensos ritmos rusos.